De conformidade coa súa norma estatutaria, a principal finalidade de AFAGA é dar a coñecer á sociedade a problemática á que se enfrontan diariamente os enfermos de Alzheimer, así como as persoas integrantes do seu contorno familiar. A estes efectos, os nosos principales obxetivos son:
- Realizar actividades de información, formación, asesoramento e axuda aos afectados e a promoción de actuacións e programas destinados á mellora da situación das familias e á mellora na atención social dos enfermos de Alzheimer e outras demencias.
- Apoiar a investigación sobre os diferentes aspectos da enfermidade aínda descoñecidos.
- Colaborar coas diferentes Administracións Públicas na creación e posta en marcha dunha estrutura de apoio ás familias e dun sistema de atención social continuada, integral e interdisciplinar para as persoas enfermas, así como na creación de centros específicos para a súa atención sociosanitaria.