logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quenes somos?

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de Alzheimer ou outra demencia e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.

A nosa historia

AFAGA foi a primeira asociación de familiares de Galicia. Naceu no ano 1994 do interese dun grupo de familiares a raíz da desorientación e falla de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade.

Nun principio, tivo caracter autonómico aínda que, posteriormente, debido á aparición de novas asociacións e a imposibilidade de abarcar tan amplo espectro poboacional, o seu radio de acción se reduxo sendo na actualidade provincial. De tódalas maneiras, a maioría das actividades e programas que se levan a cabo teñen un ámbito local referido á cidade de Vigo.

AFAGA pertencía á Confederación Nacional de Asociacións de Familiares de enfermos de Alzheimer (CEAFA). Co incremento do número de asociacións foi necesario a creación de federacións autonómicas. Precisamente AFAGA foi membro fundador da Federación de asociacións Galegas de familiares de enfermos de Alzheimer (FAGAL). A raíz deste proceso, a Federación Nacional converteuse en Confederación da que actualmente forma parte a Federación Galega.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia