logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

A Asociación de Diabéticos Lucenses ( ADIL ) ten as seguintes finalidades:

  • Proporcionar a necesaria información diabetoloxica os enfermos diagnosticados e os seus familiares.
  • Estudiar e, no seu caso, asesorar sobre problemas de índole laboral, social, etc. específicamente relacionados cao diabetes.
  • Protexer o neno e o mozo diabético na sua etapa de escolaridade.
  • Fomentar a creación e o desenvolvemento de convivencias para nenos, mozos e adultos con diabetes.
  • Promover o estudo da diabetes no terreo da investigación experimental, clínica, económica e social e do seu tratamento, prestando a estes propósitos a axuda necesaria.
  • Defender os dereitos das persoas con diabetes para conseguir a sua plena integración na sociedade, proporcionando para tal fin asesorías necesarias e os medios adecuados para iso.
  • Procurar un adecuado tratamento medico das persoas con diabetes en todo o seu ámbito territorial de actuación, con tal fin inducir a constitución de instalacions hospitalarias necesarias e adecuadas para a formación específica do persoal sanitario.
  • Colaborar coas Administracions nos distintos niveis para a prevención e tratamento da diabetes e acadar a axuda necesaria daquelas para o propio desenvolvemento da Asociación.
  • Establecer relacions con calquera outra Asociación para a diabetes autonómica, nacional ou estranxeira.
  • En Xeral, todas aquelas que contribuan o logro dos fins antes mencionados e que supoñan unha axuda o colectivo diabético.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia