A Asociación de Diabéticos Lucenses ( ADIL ) e unha entidade sen ánimo de lucro que esta rexistrada como Prestadora de Servizos Sociais e traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes; os seus asociados son fundamentalmente persoas afectadas pola enfermidade e os seus familiares. Tamen acolle, entre outros socios, a profesionais da saude e outras persoas físicas ou xuridicas concienciadas coa necesaria misión da Asociación denominados socios protectores ou colaboradores.
O traballo das asociacions esta recollido tanto polas Autoridades Sanitarias como polos profesionais da saude, a meirande parte dos profesionais que traballan no campo da Diabetes recoñecen que as Asociacións de Diabéticos son fundamentais no apoio psicoloxico ante a enfermidade.
As Asociacions poden mellorar o coñecemento dos aspectos psicoloxicos da diabetes e poden encontrar as canles para motivar o enfermo ante a enfermidade, as suas actividades organizadas por enfermos e familiares que axudan a formación dos mesmos.
O ámbito de actuación da Asociación de Diabéticos Lucenses ( ADIL ) centrase na area de Lugo e a sua provincia, pero tamen acolle asociados doutras provincias e colabora con distintas asociacions de diabéticos da Comunidade Autónoma Galega e de forma directa e indirecta a través da Federación Galega de Diabéticos ( FEGADI ) a cal pertence a Federación de Diabéticos Españoles ( FEDE ).