logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quenes somos?

A asociación galega contra as doenzas neuromusculares (ASEM Galicia) está formada por afectados, familiares e outras persoas que, dunha forma desinteresada, desenvolve na tarefa de apoiar e orientar a aqueles quenes padecen algunha das seguintes enfermidades: distrofias musculares de Duchenne, de Becker, distrofia de cinturas, facioescapulo humeral, miopatías conxénitas, atrofias espiñais, polineuropatías, miastemia, hipertermia maligna, etc...


ASEM Galicia foi declarada Entidade de Utilidade Pública pola orde 9 de febreiro de 2010 (DOGA 25/02/2010).

Que buscamos?

As accións de ASEM Galicia agrúpanse en catro principais áreas de actuación:


Autonomía Persoal:

  • Potenciar os sistemas de axudas para os afectados co fin de acadar a integración social e a vida independente.
  • Traballar para a ampliación e desenvolvemento dos recursos e o concepto da promoción da autonomía.


Accesibilidade universal:
  • Actuar para a incorporación do diseño para todos y la accesibilidad universal y para la eliminación das barreiras do contorno.


Igualdade de oportunidades:
  • Traballar conxuntamente con outras entidades do sector para mellorar as condicións de integración e igualdade das persoas con discapacidade.


Investigación:
  • Promover, apoiar e difundir as accións e proxectos de investigación tanto no diagnóstico como na mellora do tratamento dirixido á persoas afectadas.

Que ofrecemos?

Os servizos que ASEM Galicia ofrece na actualidade son os seguintes:


Servizo de Información, orientación e asesoramento: Este servizo articúlase en tres áreas principais:

  • Área Sanitaria: A través dun Comité de Expertos resólvense dúbidas específicas no tocante ó diagnóstico, tratamento e manexo das doenzas neuromusculares, así coma os últimos avances en investigación científica.
  • Área social: Infórmase sobre prestacións económicas e recursos dirixidos a persoas con discapacidade, certificado de minusvalía, Ley de Dependencia, transporte adaptado, axudas de vivenda...
  • Área de Terapia Ocupacional: ofrécese información e asesoramento personalizado sobre as distintas axudas técnicas existentes no mercado que faciliten unha maior autonomía á persoa con discapacidade, así coma da adaptación do contorno e recursos de ocio accesible.


Servizo ASEM Informa:
  • Edición de boletíns trimestrales: Capacidade Neuromuscular.
  • Envío semanal de boletíns informativos vía correo electrónico e mensual (por correo ordinario).
  • Elaboración e publicación de guías informativas.
  • Web y foro www.asemgalicia.com e a participación nas redes sociais (Facebook)


Servizo de Promoción da Autonomía Persoal:
  • O obxectivo xeral é mellorar as necesidades de promoción de autonomía persoal dos afectados, coordinando, organizando e distribuíndo os recursos, apoios, informacións e asistencias de calquera tipo.


Servizo de Orientación Laboral:
  • Ofrécese un seguimento personalizado e individualizado dirixido a persoas afectadas por enfermidades neuromusculares ou doenzas raras en situación de desemprego ou en proceso de busca ou mellora de emprego e/ou formación.


Servizo de Fisioterapia:
  • Tratamento especializado a domicilio.
  • Bonos de fisioterapia ambulatoria.


Programa V.A.V.I.
  • Servizo de Asistencia Persoal.


Obradoiro de manualidades:
  • Actividades creativas realizadas a través da técnica do decoupage.


Banco de Axudas Técnicas:
  • Préstamo e intercambio de produtos de apoio entre socios de ASEM Galicia.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia