Os obxectivos principais da Asociación ASBIGA, considerados de carácter urxente, son os seguintes:
- Informar, orientar e asesorar ás persoas afectadas polo trastorno bipolar e aos familiares e achegados con respecto a cuestións relacionadas coa enfermidade e co seu tratamento.
- Acoller ós afectados polo trastorno bipolar, familiares e achegados nunha rede de apoio psicolóxico e social propicia para comprende-la enfermidade e o seu tratamento.
- Demandar investigación sobre o trastorno bipolar para mellora-la calidade de vida dos afectados e das súas familias.
- Difundi-lo coñecemento do trastorno bipolar na sociedade para contribuír ó diagnóstico precoz e para loitar contra o estigma que aínda conleva.
- Promover unha adecuada utilización dos recursos sanitarios, psicolóxicos e sociais para conseguir melloras no tratamento dos afectados e na súa integración social.
- Denuncia-la discriminación nos ámbitos social e laboral.
- Promove-las relacións con outras entidades de finalidade similar.