logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

Servicio de atención psicológica y logopédica a familias

Desenvolve as siguietes actuacións:

  • Atención e orientación psicolóxica especializada ás familias e a ós/ás nenos/as xordos/as implantados e con próteses auditivas. No caso de nenos/as con implantes cocleares no acompañamento psicolóxico préstase ó longo de todo o proceso, é dicir, dende a detección da xordeira, a decisión de intervención e o proceso de rehabilitación.
  • Intervención logopédica para ensinar ós/ás nenos/as xordos/as a interpretar os estímulos nerviosos e facilitarlles a aprendizaxe da fala usando como ferramenta a Lingua de Signos Española.
  • Obradoiros de Lingua de Signos Española para as familias e para os/as nenos/as co fin de proporcionarlles una ferramenta comunicativa que lles facilite a comprensión do ámbito e a aprendizaxe da lingua oral.
  • Ofrecer ós pais e nais a oportunidade de coñecer a outras persoas na súa mesma situación e poder compartir as súas experiencias e sentimentos.
Este servizo conta cunha psicóloga, unha logopeda e profesores de LSE.

Servizo de atención a persoas xordas

A FAXPG ofrece o SAPS ca finalidade de favorecer o desenvolvemento persoal e a autonomía das persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva, xerando condicións favorables para a súa participación no ámbito socio-familiar e comunitario a través dunha atención especializada e unha intervención transversal, basada no respeto a súa identidade, que favorezca a súa integración e a igualdade de oportunidades.

Obxectivos:

  • Favorecer a autonomía persoal e a integración socio-familiar e comunitaria das personas xordas a través de proxectos de intervención.
  • Facilitar a xestión de recursos e prestacións sociais adecuadas ás características específicas das persoas xordas en xeral a ás necesidades específicas de cada usuario.
  • Establecer alianzas con recursos comunitarios e especializados no ámbito de actuación do SAPS.
  • Servir de apoio ó movimiento asociativo cando non dispoña de recursos específicos para a súa xestión e desenvolvemento.

Lugares de atención

O SAPS está ubicado nas seguintes Asociacións de Persoas Xordas:

  • Asociación de Persoas Xordas de A Coruña
  • Asociación de Persoas Xordas de Vigo
  • Asociación de Persoas Xordas de Ourense
  • Asociación de Persoas Xordas de Lugo
  • Asociación de Persoas Xordas de Santiago
  • Asociación de Persoas Xordas de Ferrol
  • Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia - Coordinación.

Contacto

Coordinación: c/Félix Estrada Catoira 3-bajo Dcha.
15007 A Coruña
Email: saps@faxpg.es
Teléfono: 981 16 93 36

Outros servicios de la FAXPG

Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española

Mediante este servizo elimínanse as barreiras de comunicación a través da presencia do ILSE-GI (Intérprete de Lingua de Signos e guía intérprete de personas xordocegas) como ponte de comunicación entre as personas xordas, sordocegas y con discapacidade auditiva e o seu ámbito.

Servizo de formación, orientación educativa e atención a familias

Este servizo ofrece información, orientación, asesoramento e apoio no ámbito educativo, formación ocupacional, formación continua de profesionais e formación permanente e integral para persoas xordas

Servizos de emprego

Desenvolve, principalmente, accións de información, orientación e asesoramento laboral ás persoas xordas e as empresas interesadas na súa contratación.

Servizo de Voluntariado para o acompañamento de persoas xordocegas y persoas sxordas en risco de exclusión social

Leva a cabo actividades de acompañamento a persoas xordocegas e personas xordas en risco de exclusión no seu tempo de lecer para a comunicación e o recreo, co fin de eliminar o aislamento social e comunicativo ó que están sometidos

Servizo de Formación de Lingua de Signos Española

Ofrece formación específica de Lingua de Signos Española (LSE) a persoas oíntes, tanto particulares como grupos específicos.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia