logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

A Nosa Razón de Ser

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) é unha Organización Non Gobernamental sen ánimo de lucro, fundada o día 11 de novembro de 1979 e declarada de Utilidade Pública con data 27 de abril de 2005.

Integrada na actualidade por 7 asociacións: Asociación de persoas xordas da Coruña; Asociación de persoas xordas de Vigo; Asociación de persoas xordas de Ourense; Asociación de persoas xordas de Lugo; Asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela; Asociación de persoas xordas de Ferrol; Asociación de persoas xordas de Pontevedra.

Cal é a nosa Misión?

A FAXPG ten como misión xerar as condicións, que tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o Desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia