logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Obxectivos educativos

Os nenos con TDAH teñen diversas dificultades no proceso natural de aprendizaxe que soen facerse máis perceptivas segundo aumentan os contidos curriculares e as esixencias da escola.Ademáis é habitual que aparezan problemas de relación no seu entorno social que perxudican non só ó progreso académico senon tamén ó proceso madurativo da súa personalidade, debilitando a súa autoestima e socialización.ANHIDA pretende traballar para que estas trabas desaparezan mediante diversas medidas, buscando colaboración institucional , de profesionais e de pais para que novas políticas educativas senten as bases dun novo xeito de educar, ensinar e formar a estes nenos.Para isto é necesaria a participación de mestres, orientadores, asociacións de pais e nais, directores de centros educativos, etc...

Obxectivos sanitarios

O TDAH é un trastorno neurobiolóxico, é dicir, non depende da voluntariedade do neno para comportarse dun ou doutro xeito.Trátase dun problema que ten unha base física, a nivel cerebral, onde determinadas sustancias participantes nas funcións executivas superiores, teñen unha distorsión no seu funcionamento.Por iso é habitual que, nos casos nos que científicamente estea documentado o beneficio, haxa que tratalos cun fármaco.Chegado este momento é necesaria a asistencia dun equipo profesional adecuadamente cualificado, e os recursos actuais son escasos neste campo.ANHIDA traballa tamén para mellorar a rede asistencial e optimiza-los recursos que xa existen.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia