ANHIDA Coruña somos un grupo de pais en nais de nenos afectados polo TDAH (trastorno por déficit de atención con/sen hiperactividade) nas súas diferentes manifestacións, na provincia da Coruña.Traballamos conxuntamente para loitar por un desenrolo digno e completo dos nosos fillos, dun xeito integral e dentro dun marco plural e respetuoso cos Dereitos do Neno, contemplando a atención á diversidade como prioritaria e potenciando o valor engadido que eles representan para as nosa familias, comunidade educativa e sociedade en xeral.
Constituímonos en Febreiro de 2010 seguindo os pasos da nosa homónima en Vigo (ANHIDA Vigo) que leva anos de andadura nesta tarefa e coa que estamos estreitamente vinculados.
ANHIDA Coruña é unha asociación aberta a todos aqueles que queiran colaborar connosco ou estean interesados en adquirir novos coñecementos sobre o TDAH, teñan familiares afectados e desexen aportar ideas ou compartir experiencias, beneficiarse dos nosos proxectos ou axudarnos nas nosas actividades.Todos son ben recibidos e revalorizan a nosa organización.Nas diversas líñas de traballo, loitamos polo cumprimento dos principios éticos básicos para que as familias afectadas obteñan unha atención sanitaria e educativa axeitada ás necesidades de cada quen, baixo condicións óptimas de equidade e accesibilidade.