logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Abagal (Asociación de bulimia e anorexia de Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro, que se funda en Santiago de Compostela en xullo do ano 2004, grazas á inicativa de varios pais de persoas que padecían, entón, un trastorno da conduta alimentaria (TCA).

O sentido desta asociación é ofrecer apoio ás peroas afectadas por esta problemática e ós seus familiares e achegados, así como emprender todo tipo de accións sociais encamiñadas a prevención e mellor intervención sobre este trastorno da saúde mental.

Abagal ofrece ós seus servicios de forma totalmente gratuita a tódalas persoas e organismos que o requiran, sen necesidade de ser membro da asociación.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia