Promovemos o tratamento integral da persoa afectada de párkinson; partindo de que cada paciente é distinto e que a enfermidade progresa de forma diferente en cada persoa, ofrecemos os seguintes servizos para atender aos afectados e ás súas familias e / ou coidadores:
- Información e asesoramento.
- Servizos de rehabilitación: fisioterapia / logopedia / psicoloxía da saúde / traballo social.
- Formación.
- Investigación e desenvolvemento.
- Actividades de lecer / tempo libre e difusión e sensibilización.