logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

A existencia desta Asociación ten como fins:

  • Fomentar a investigación científica sobre as causas, desenvolvemento e terapias para a enfermidade da fibrose pulmonar Idiopática (FPI) e Fibrose Pulmonar Familiar (FPF).
  • Promover a agrupación de afectados pola enfermidade ou dos interesados, persoal ou profesionalmente nesta para traballar coordinadamente na busca de solucións.
  • Desenvolver e promover a mellora da calidade de vida e o benestar dos pacientes e das persoas afectadas pola Fibrose Pulmonar Idiopática e/ou Fibrose Pulmonar Familiar.
  • Proporcionar ós afectados a máxima e máis actualizada información sobre esta enfermidade, o seu tratamento e control, xa sexa nos seus aspectos clínicos como experimentais.
  • Asesorar, apoiar e informar ás familias afectadas pola enfermidade.
  • Promover seminarios, conferencias e actos públicos para favorecer o intercambio de coñecementos e a súa divulgación entre o persoal médico, científico e os pacientes. Favorecer as actuacións de carácter preventivo que sexan posibles.
  • Recadar os fondos necesarios entre os organismos públicos, privados e persoas físicas que permitan financiar estas actuacións e aquelas outras que favorezan o desenvolvemento dos fins mencionados.

Para o cumprimento destes obxectivos, realizaranse as seguintes actividades:

  • A Asociación destinará o seu patrimonio e as súas rendas os seus fins fundacionais.
  • Obtención, tradución e divulgación de material escrito e gráfico.
  • Conferencias, charlas, coloquios, seminarios,... sobre a FPI para enfermos, persoal cualificado e para a poboación en xeral.
  • Reunións de intercambio de experiencias con todas aquelas persoas relacionadas directa ou indirectamente coa enfermidade.
  • Creación de distintas delegacións en todo o país, para unha maior aproximación ós interesados.
  • En xeral, todas aquelas actividades que permitan un maior coñecemento da enfermidade e das súas consecuencias, e fagan que os pacientes con FPI podan ter unha vida o máis normal posible.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia