Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Sensibilizar e informar, no ámbito da opinión pública, a Sanidade, a Xustiza, as Administracións e a Sociedade en xeral, sobre a fibromialxia, a fatiga crónica e as súas consecuencias.
- Informar, asesorar ou orientar sobre a fibromialxia e a fatiga crónica aos enfermos e familiares.
- Fomentar o diálogo entre afectados como forma de combater a incomprensión xerada pola dificultade do diagnóstico e tratamento.
- Facilitar a autodefensa no enfermo ante situacións de vulneración dos seus dereitos e colaborar con el para que aprenda a vivir coa súa doenza.
- Estimular e promover a investigación científica da fibromialxia e a fatiga crónica.
- Impulsar o estudio xurídico dos efectos socio-laborais da fibromialxia e a fatiga crónica.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia