A ASOCIACIÓN CORUÑESA DE FIBROMIALXIA E FATIGA CRÓNICA, ACOFIFA, é unha asociación sen ánimo de lucro que xorde no 2001 como unha iniciativa por parte dun grupo de enfermas/os de fibromialxia e fatiga crónica. Xorde pola necesidade de agrupar a un colectivo que se atopa inmerso nun baleiro socio sanitario, por unha parte; xa sexa por descoñecemento da etioloxía da Fibromialxia, por incerteza sobre o seu tratamiento, polas consecuencias futuras dos afectados, así como por outra parte, dun descoñecemento social da enfermidade en sí.
Área de ocio e convivencia
- Intercambio de coñecementos e habilidades.
- Xornadas de convivencia entre afectada/os de toda Galicia.