logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

  • Promover e impulsar a satisfacción máxima dos intereses sociais e culturais dos socios.
  • Velar polo cumprimento e mellora do nivel cultural e social dos seus asociados.
  • Establecer colaboracións e coordinacións con outras entidades afíns dirixidas á consecución de fins similares.
  • Calquera outra actividade que poida beneficiar o nivel social e cultural dos socios.
  • Axudar, asesorar, asistir a toda persoa, grupo, entidade ou familia afectada por problemas de drogodependencia.
  • Apoio á rehabilitación e reinserción socio-laboral de persoas en situación ou susceptibles de exclusión social.
  • Sensibilizar aos estamentos políticos, medios de comunicación, profesionais da saúde e da educación e á sociedade en xeral sobre o fenómeno das drogodependencias e outras adiccións como o alcol.
  • Promocionar e realizar estudos, actuacións e programas de promoción, acción social e plans de actuación en relación co seu obxectivo social, por si mesma ou en colaboración con especialistas e cantas entidades públicas e privadas realicen algún labor relacionado cos obxectivos da asociación.
  • Acudirse en cuantos actos e accións de todo tipo vaian dirixidas á represión e castigo do narcotráfico.
  • Actuar na problemática que sofren os drogodependentes, tales como a marxinación social e laboral, deterioración da saúde física e mental, situación xudicial e penal, situación económica, etc...
  • Realizar programas de promoción da saúde ( prevención de drogodependencias, prevención do alcoholismo, educación sexual, redución de danos, etc …) e xestionar actividades alternativas dirixidas á mocidade co fin de conseguir hábitos saudables de vida, como poden ser, entre outras, actividades culturais, deportivas...

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia