logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Afaor ten como obxectivos xerais concenciar, informar e sensibilizar a sociedade, ademais de mellorar a calidade de vida dos enfermos e das súas familias. Con este fin trata de instaurar novos programas e servizos encamiñados a consecución distes obxectivos, tales como:

  • Programa de información e acollida: Proporcionar información e asesoramento os usuarios, así como o acceso a recursos internos e externos a Afaor.
  • Programa de apoio emocional e grupos de apoio mutuo: Soporte emocional e a construción dunha rede social; orientación, asesoramento, formación e apoio psicolóxico en situacións de crises.
  • Programa de atención a enfermos de Alzheimer avanzados: Apoiar os familiares no coidado básico do enfermo (aseo, alimentación, movilizacións…), ademais de proporcionar o coidador principal un tempo de respiro e facilitarlle apoio emocional e orientación sociosanitaria, especialmente as familias con escasos o nulos recursos socioeconómicos.
  • Programa de axuda o medio rural: Aumentar o coñecemento da enfermidade, minimizar situacións de estres, ofrecer estratexias de coidado, evitar o illamento social e potenciar a creación de redes solidarias de voluntariado.
  • Programa de axudas técnicas: Previr a aparición de lesións cutáneas ou osteomusculares, promover a comodidade no coidado diario e contribuír a economía familiar mediante o préstamo diste tipo de materiais a un costo mínimo.
  • Programa voluntariado: Potenciar a participación cidadá no ámbito social, descargar e apoiar as familias no coidado do enfermo, implicar os voluntarios no funcionamento da asociación e detectar novas necesidades.
  • Obradoiros ocupacionais e estimulación cognitiva a domicilio: Retrasar o deterioro cognitivo e funcional do enfermo, complementar o tratamento farmacolóxico e atención psicolóxica as familias.
  • Musicoterapia: Potenciar a capacidade do ritmo e das capacidades sensoriais, reducir o estres e promover a relaxación dos usuarios, recuperar e potenciar as actividades de tempo de lecer.
  • Fisioterapia e psicomotricidad acuática: Manter as capacidades físicas básicas, evitar a aparición de rixideces articulares e atrofias musculares, mellorar a independencia nas actividades da vida diaria, e facilitar a participación entre os usuarios.
  • Asnoterapia: Potenciar a comunicación non verbal e a empatía, recuperar de maneira didáctica o mundo tradicional no medio rural e traballar na adquisicións de novas habilidades no coidado dos animais.
  • Arteterapia: Liberar emocións mediante a pintura, que non se poden expresar con palabras; expoñer as obras realizadas polos usuarios para mellorar e potenciar a súa autoestima; recuperar e potenciar as actividades de tempo de lecer.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia