logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ourense), é unha entidade sen animo de lucro declarada de utilidade pública, destinada a mellora-la calidade de vida dos afectados pola enfermidade de Alzheimer e o seu entorno familiar, a través do apoio directo no fogar, programas de lecer, respiro familiar e diversos obradoiros.

Dende a súa fundación no ano 1995, dirixe os seus esforzos a concienciar, informar e sensibilizar á sociedade e ás distintas institucións sobre a magnitude e gravidade da enfermidade de Alzheimer, así como a reivindicar a posta en marcha de novos programas e servizos que dean resposta ás necesidades específicas dos enfermos e das súas familias.

Seguidamente faremos unha pequena aproximación a enfermidade do Alzheimer. Así podemos dicir que o Alzheimer é unha demencia cerebral crónica, progresiva e irreversible, caracterizada pola perda de diversas capacidades intelectuais e para a que non existe ata o momento unha causa definible nin unha cura previsible. Ademáis, debemos subliñar que constitúe un problema asistencial de ampla repercusión sociosanitaria, precisando dun abordaxe multidisciplinar, que implica que en cada momento da enfermidade se mobilicen os recursos necesarios para acadar unha asistencia digna para co paciente con demencia.

Tamén debemos mencionar que a realidade sociosanitaria na que vivimos fai que cada vez teña maior importancia o terceiro sector. Afaor é a única asociación de Alzheimer que hai en toda a provincia de Ourense, que conta con máis de 300 socios e que presta unha atención integral e especializada a un colectivo que se estima en preto de 3.000 afectados, cifra que non inclúe os familiares cos que conviven.

Por último, unicamente sinalar que Afaor forma parte da Federación de asociacións galegas de familiares de Alzheimer (FAGAL), onde están representadas, entre outras, as principais cidades galegas. Ademáis, a Federación Galega, xunto con outras Federacións Autonómicas, constitúe a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer que integra a pouco menos de 300 asociacións en todo o estado español.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia