A Asociación ten como fins:
- Informar sobre a patoloxía da enfermidade, para previr a mesma e lograr a rehabilitación física e psíquica do afectado.
- Fomentar reunións cos enfermos, a fin de coñecer os problemas de tipo sicosociais e laborais que xorden ou se agudicen a causa da súa enfermidade.
- Potenciar o uso de medidas que permitan un maior coñecemento dos factores de risco e medios para combatelos.
- Establecer contactos permanentes con profesionais pertencentes ó mundo da enfermidade, a fin de prestarlles e recadar as axudas precisas en apoio dos intereses de tódolos compañeiros.
- Promover iniciativas que dean a coñecer ós familiares e á poboación en xeral o trastorno do ril como enfermidade.
- Asumir cantas medidas sexan necesarias para axudar ós compañeiros.
- Establecer canles de comunicación e colaboración con entidades, asociacións e fundacións que asuman os nosos obxectivos.
Para o cumprimento destes fins, a Asociación realiza as correspondentes actividades:
- Organización de conferencias, charlas e coloquios sobre a enfermidade.
- Visitas ós enfermos periodicamente.
- Colaboración nas campañas informativas sobre os factores de risco e os que desenvolven os trastornos do ril.
- Participación en eventos que faciliten la consecución de donantes de riñón.
- Información as persoas en espera de transplante ou xa transplantadas dos servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.
- Cooperar co resto das asociacións e fundacións para o desenvolvemento dos fins comúns.
Para realizar os cometidos concretos que axilicen a xestión, e facilitar a integración dos compañeiros nas tarefas da Asociación, constitúense, amplíanse ou substitúense, previo acordo da Xunta Directiva, cantas comisións e grupos de traballo creamos oportuno.
Están presididas por un Vogal e integradas por un numero indeterminado de socios, e son responsables da execución de áreas concretas de actividade permanente asumida pola Asociación.
Para a elaboración e desenvolvemento de temas concretos, constitúense grupos de traballo de carácter non permanente, integrados por un máximo de dez socios; de entre os cales, designase un responsable do grupo e un secretario. Os grupos de traballo dependen organicamente dalgunha das vogalías.