Segundo os seus Estatutos, a Federación ten como fin xeral mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e das súas familias, a través da plena integración social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade.
Para elo sinálanse como obxectivos específicos a conseguir:
- Potenciar a constitución de Asociacións que traballen para persoas con Síndrome de Down.
- Estimular as relacións entre os membros.
- Impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades dos seus membros.
- Estudar e promover disposicións legais que garantan os dereitos das persoas con Síndrome de Down.
- Establecer os programas e accións encamiñadas a promover estudos científicos sobre a Síndrome de Down.
- Promover e realizar campañas de información e mentalización social para difundir o coñecemento e a realidade das persoas con Síndrome de Down.
- Representar a os seus membros en cuestións de interese xeral ou a petición dos mesmos.
- Promover proxectos de integración escolar, laboral, social e programas de saúde.
- Xestionar subvencións ante os Organismos competentes de carácter autonómico, nacional ou internacional (públicos ou privados) para obter recursos para o seu funcionamento.
- Establecer e manter relacións de colaboración con outras organizacións que teñan obxectivos similares.
- Evitar e, se fora necesario, denunciar a todas aquelas entidades ou persoas que actúen en contra dos intereses das persoas con Síndrome de Down.
- Promover intercambios e encontros entre profesionais das distintas Institucións S.D., posibilitando o coñecemento das diversas experiencias que a o longo da xeografía nacional están levándose a cabo.
- Prestar Apoio psicolóxico ás familias das persoas con Síndrome de Down, especialmente as nais y pais con sobrecargas familiares.
- Fomentar a promoción da muller con Síndrome de Down en tódolos ámbitos. Fomentar todas aquelas políticas de discriminación positiva que promovan a inclusión social en tódolos ámbitos (escolar, familiar, social, laboral,...) das mulleres e homes con Síndrome de Down.
- Promover e organizar actividades de Ocio e Tempo Libre dirixidas a xoves con Síndrome de Down, que fomenten a súa participación na comunidade e, polo tanto, a súa integración social. Para tal fin, se constituirase unha sección xuvenil.
- Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Federación.
- A Federación respecta en todo caso a independencia y liberdade de actuación, funcionamento e criterios dos membros no desenvolvemento dos seus obxectivos e actividades dentro do marco dos seus estatutos.