logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quenes somos?

A "Federación Galega de Institución para a síndrome de Down (DOWN GALICIA)" é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa as Asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a principios do ano 1.998 despois de que en varias reunións os seus fundadores puxeran de manifesto a necesidade de potenciar a coordinación entre as distintas asociacións e de dispoñer dun instrumento de comunicación único entre o colectivo de persoas con síndrome de Down e as diferentes administracións.

Neste contexto DOWN GALICIA nace co obxectivo de coordinar os esforzos das diferentes asociacións específicas para a síndrome de Down da nosa Comunidade Autónoma, canalizar as demandas do colectivo de persoas con síndrome de Down que viven en Galicia ante a Administración e aportar solucións que contribúan a normalizar a situación das persoas con síndrome de Down na sociedade. Por outra banda, a pesar de que a Federación non se constitúe como un centro prestador de servizos directamente ós usuarios, si se inclúen entre as súas funcións a de coordinar, colaborar e propoñer programas de actividades ás administracións para a súa posta en práctica a través das asociacións integrantes na mesma.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia