A Asociación de Nais e Pais de menores afectados por Parálise Cerebral da provincia de Lugo (ASPACE - LUGO) é unha asociación sen fins lucrativos fundada en Lugo no ano 1994. Nace como reacción dun grupo de nais e pais preocupados polas carencias sanitarias da súa cidade en cuanto á Atención Temperá. Despois de analizar as posibilidades de contribuír á integración dos seus fillos/as afectados por PC, deciden constituírse en asociación co fin de poder sensibilizar á Administración e poder materializar os seus obxetivos: promover o desenrolo integral dos nenos/as, remover os obstáculos que dificulten a súa integración, e apoiar, informar e orientar as nais, pais e familiares.
Dende o ano 1996 somos Entidade Prestadora de Servicios Sociais da Xunta de Galicia o que acredita unha experiencia dilatada na prestación de servicios e programas de promoción da saúde, complementándonos e cubrindo áreas de atención que non son cubertas por Sanidade nin Entidades Públicas de Lugo.
SERVIZOS QUE OFRECE ASPACE-LUGO
1. Información, orientación e asesoramento ás familias
2. Servizo de rehabilitación
Preténdese a través deste programa mellorar o desenrolo motor do/a neno/a, buscando movilidade, función e percepción (coñecemento do que se está facendo). Prever o deterioro ou debilidade dos músculos como resultado da falla de uso (chamada atrofia) e evitar a contractura, na cal os músculos se inmovilizan nunha postura ríxida e anormal.
3. Aula de comunicación aumentativa e alternativa
Na aula de comunicación aumentativa e alternativa preténdese identificar as capacidades de cada usuario e en función destas establécese o sistema de comunicación apropiado para cada caso. Unha vez feita a valoración póñense en práctica os instrumentos de intervención. A maiores de establecer o sistema aumentativo e alternativo se desenvolven actividades de estimulación, educativas,...por parte doutros profesionais que permitan crear, aumentar ou manter as habilidades dos usuarios, favorecendo a adaptación o sistema de comunicación.
Neste servizo ofrécese ademais o SISTEMA IRISCOM único na provincia de Lugo. Consiste na comunicación a través dun ordenador controlado polos ollos para persoas con discapacidade motora. Permite comunicarse, acceder a Internet, intercambiar experiencias con outras persoas, acceder a información,…
4. Actividades de ocio e tempo de lecer
Consideramos que o ocio na nosa sociedade é unha realidade de innegable importancia. É un deses ámbitos nos que aínda é posible mellorar, de aí que nos propuxéramos poñer ó alcance dos nosos usuarios actividades normalizadas de ocio que podan realizar co apoio necesario.
- Teatro e cine
- Excursións
- Visitas a exposicións / museos
- Eventos deportivos, ....
- Actos culturais,..
O equipo multidisciplinar está formado polos seguintes profesionais:
- Fisioterapeuta
- Logopeda
- Psicóloga
- Trabajadora social