logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Que é a asociación Unión Galega de Epilépsia (UGADE)?

UGADE constitúese no ano 2000 como unha asociación sen ánimo de lucro que loita para que tódolos Galegos enfermos de Epilépsia teñan calidade de vida, presta tamén axuda ós seus familiares.


UGADE pertence a Federación Española de Epilépsia (FEDE).

Que é a Epilépsia?

É un trastorno provocado polo aumento da actividade eléctrica das neuronas nalgunha zona do cerebro. A persoa afectada pode sufrir unha serie de convulsións ou movementos corporais incontrolados de xeito repetitivo. A esto chámaselle "crise epiléptica".

Síntomas:

Os distintos signos de alarma que advirten que se está producindo unha crise epiléptica poden ser:

  • Períodos de confusión mental.
  • Comportamentos infantís repentinos.
  • Movementos de masticación sen estar comendo ou pechar e abrir os ollos continuamente.
  • Debilidade e sensación de fatiga profunda.
  • Períodos de "mente en Branco", nos que a persoa é incapaz de responder preguntas ou manter unha conversación.
  • Convulsións.
  • Febre.
  • Sempre hai que ter en conta, que so o neurólogo pode valorar se estes síntomas son indicio de que unha persoa sufre Epilepsia, ou si se trata dun trastorno convulsivo independente desta enfermidade.

En qué persoas aparece a Epilépsia?

A Epilépsia non ten prexuicios e afecta igual a mulleres que a homes, a ricos que a pobres. Tampouco entende de razas, de clases sociais ou idades.

Que podo facer para non ter crises?

  • Tomar correctamente o tratamento que indicou o médico.
  • Nunca suspender o tratamento sen consultar o seu neurólogo. Se nota algún problema cos medicamentos, consulte o seu médico.
  • Non debe consumir bebidas alcohólicas.
  • Manteña un ritmo de sono regular e durmir de 7 a 8 horas diarias (a sesta non compensa as horas de sono perdidas).
  • Se é vostede muller e quedase preñada mentras toma o tratamento antiepiléptico, acuda o seu médico para advertilo.

Como enfrontarse á enfermidade?

A primeira crise epiléptica soe ser un duro golpe para a persoa e para os seus familiares dende o punto de vista psíquico. Sen embargo, este primeiro efecto pode reducirse se o enfermo conta co apoio necesario. A intervención do neurólogo, cunha atención personalizada e un diagnóstico adecuado que teña como finalidade educar sanitariamente ó paciente sobre o trastorno, son de vital importancia.

A información ben transmitida sobre o que lle pasa axudarano a comprender, asimilar e finalmente, ser capaz de controla-la repetición das crises. O paciente ten que esixir esta información e deixar clara súa intención de colaborar. A finalidade última de todo esto é conseguir unha calidade de vida o mais alta posible e, con ela, a autosuficiencia que ó principio parece que se perde. A persoa afectada non ten que avergonzarse nin dubidar en pedir axuda a un psicólogo ou a un psiquiatra.

Este outro tipo de asistencia médica pode ser tan imprescindible como a dun neurólogo.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia