logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

  • SIO, Servizo de información e Orientación
  • O SIO está deseñado tanto para persoas cun diagnóstico recente como para aquelas que xa teñen experiencia coa súa enfermidade e desexan mellorar a súa autonomía e benestar.

    Que ofrece:

    • Unha abordaxe integral e personalizada que inclúe:
    • Apoio emocional dende o momento do diagnóstico.
    • Orientación continua para comprender e controlar a enfermidade.
    • Promover hábitos de vida saudables.
    • Desenvolvemento da autonomía persoal.
    • Manexo integral da enfermidade nas súas diversas vertentes.
    • Acceso a recursos e ferramentas prácticas para a vida cotiá.
  • GAM, Grupos de axuda mutua
  • Os Grupos de Axuda Mutua (GAM) son unha iniciativa de ConArtritis na que participamos desde a delegación de Santiago, xunto con outras asociacións e delegacións da organización en todo o país. Estes grupos están dirixidos a persoas con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis. A súa finalidade é ofrecer un espazo seguro onde compartir experiencias, sentirse comprendidas e atopar apoio para afrontar os retos cotiáns da enfermidade. Ademais das sesións do propio grupo, tamén impulsamos diálogos e charlas con profesionais sociosanitarios que achegan información e ferramentas útiles para mellorar o benestar das persoas participantes.

  • Fisioterapia (presencial)

    Sesións de fisioterapia centradas no manexo da dor, exercicio terapéutico e mellora da mobilidade.

  • Apoio xurídico (presencial e online)

    Estudo de viabilidade, preparación e presentación dos trámites necesarios para o recoñecemento dun grao de discapacidade ou revisión do mesmo e/ou o recoñecemento da situación de incapacidade permanente (nos distintos graos), tanto na modalidade contributiva como non contributiva.

  • Nutrición (presencial e online)

    Consultoría de nutrición: cambio de hábitos, control de menús

  • Deporte adaptado

    Taichi, Chikung, meditación, Marcha Nórdica, Pilates.

  • Balneoterapia

    Dúas semanas ao ano con programas terapéuticos específicos.

  • Psicoloxía (presencial ou online)

    Sesións de psicoloxía e arteterapia para apoio emocional e manexo da enfermidade.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia