Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Apoiar e acompañar ás persoas con artrites (reumatoide, psoriásica e idiopática xuvenil) e espondiloartritis, ofrecéndolles información, orientación e asesoramento para mellorar a súa saúde, vida cotiá e o seu benestar nos ámbitos familiar, social e laboral .
- Fomentar o encontro e a unión entre persoas afectadas, creando espazos de apoio mutuo e participación que faciliten compartir experiencias e necesidades común.
- Impulsar a formación e educación en saúde, para que cada persoa afectada poida comprender mellor a súa enfermidade e xestionar de forma activa a súa calidade de vida.
- Defender os dereitos das persoas con enfermidades reumáticas, facilitando información sobre trámites e recursos sociais.
- Visibilizar a realidade e as necesidades de quen vive con artrites e espondiloartritis sensibilizando á sociedade e aos medios de comunicación.
- Promover o voluntariado entre persoas individuais, facilitando que apoien a quen convive con estas enfermidades dentro da comunidade.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia