Somos ConArtritis-Santiago, a delegación local da Coordinadora Nacional de Artritis. Nacemos en 2018 para dar continuidade ao apoio que, desde 2004, recibían as persoas a través da Asociación de Artrite de Santiago de Compostela. A súa integración en ConArtritis non só permitiu que ese acompañamento e o labor de visibilización que se estivo realizando non se perdese, senón que fortaleceu o traballo realizado ao incorporalo a unha organización máis ampla e con maior capacidade de acción. Desde entón, ConArtritis-Santiago continúa impulsando o apoio, a información e a orientación ás persoas con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis. Traballamos para que cada persoa senta acompañada e empoderada, promovendo a súa participación e defendendo os seus dereitos na comunidade.