logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Asociación Española Contra o Cancro é unha ONL de carácter benéfico asistencial.


Constituída o 5 de marzo de 1953 co propósito de loitar contra o cancro en todas as modalidades coñecidas ou que no futuro se coñezan.


O 29 de setembro de 1966 foi inscrita, co número nacional 3.827 da Sección 1ª, no Rexistro Nacional de Asociacións.


Foi declarada de "Utilidade Pública" por acordo do Consello de Ministros adoptado na súa reunión do día 24 de abril de 1970.


Está composta por voluntarios, socios e persoal contratado que aúnan esforzos para conseguir os obxectivos da Asociación. A integridade, profesionalización, dedicación e capacidade de resposta de todos os membros da aecc xerou unha cultura común caracterizada por un continuo dinamismo.

Misión e Valores

A nosa misión é loitar contra o cancro liderando o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado por esta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

Valores


Os valores que definen á aecc son os principios, a súas señas de identidade que dotan á organización dos elementos necesarios para cumprir a súa función social con total eficacia.

  • Unidade e cohesión: traballando xuntos por e para todos os afectados, presentes e futuros.
  • Profesionalidade e integridade: en todas as súas actividades e funcións.
  • Responsabilidade e compromiso: actuando como plataforma de cambio da sociedade, pola equidad e a dignidade das persoas.
  • Eficiencia: no aproveitamento dos recursos dispoñibles para maximizar a utilidade social achegada.
  • Vocación de axuda e servizo: que implica solidariedade, xenerosidade, espírito de cooperación e participación positiva.
  • Dinamismo: e constante adaptación á evolución das necesidades da sociedade, en colaboración con outras entidades e institucións.
  • Transparencia: na xestión.
  • Independencia: fronte a calquera organismo ou institución.

A aecc cumpre con todos os principios de transparencia e boas prácticas das ONG.
Informe da Fundación Lealdade 2010

Axudámosche

Se tes dúbidas, se necesitas información, a Asociación Española Contra o Cancro pon á túa disposición un equipo de profesionais que resolverá as túas dúbidas, a través de programas como:

  • Moito x vivir: atención á muller con cancro de mama
  • Atención psicolóxica
  • Volver falar: Larinxectomizados
  • Atención social
  • Voluntariado: domiciliario, hospitalario e testemuñal

Informámosche

Infórmache, moitos tipos de cancro pódense previr ou detectar precozmente.

Os nosos programas para nenos e mozos:

  • Actúa contra o cancro
  • loestoydejando.org

Os nosos programas para adultos:

  • Deixar de fumar
  • Solidariedade na empresa

Campañas de información:

  • Día mundial contra o cancro
  • Campaña para a prevención do cancro colorrectal
  • Día mundial sen tabaco
  • Campaña de prevención do cancro de pel
  • Día contra el cancro de mama
  • Campaña contra o cancro de pulmón

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia