Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Promover o ben común das persoas con Síndrome de Asperger, socios, fillos ou tutelados de asociados, por medio de actividades asistenciais, educativas, recreativas, culturais e deportivas.
- Promover, crear, organizar e patrocinar centros de diagnose ou avaliación, unidades de tratamento e atención especializada, investigación e experimentación, centros de terapia, centros de pedagoxía especial, residencias, unidades de captación para o traballo, talleres protexidos, unidades hospitalarias, servicios médicos, de conformidade cos plans de actuación que aprobe a Asemblea Xeral.
- Informar e asesorar sobre os problemas xerais do Síndrome de Asperger en tódolos círculos posibles.
- Representar e defende-los intereses das persoas con Síndrome de Asperger e as súas familias diante de toda clase de organismos, administración central, institucional, local e autonómica, persoas físicas ou xurídicas, Entidades públicas ou privadas, de calquera clase ou natureza, tanto nacionais como internacionais.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia