logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

A Asociación Galega de Familiares de Persoas afectadas pola Síndrome de Asperger (ASPERGA) e unha entidade sen ánimo de lucro, integrada na Federación Asperger de España, que pretende poñer en contacto como a súa denominación indica a familiares e afectados polo síndrome de Asperger, para compartir experiencias e intentar organizarse para loitar para que as persoas afectadas podan desenrolarse o máximo, tanto a nivel persoal como académico e laboral. A asociación pretende ser un interlocutor coas distintas administracións, para que coñezan o síndrome de Asperger, os problemas que teñen os que o padecen e intentar poñer os maiores medios posibles para compensar eses obstáculos, labor no que os afectados, a titulo individual teñen moitos atrancos para ser escoitados polos distintos organismos. Tamén pretende poñer en común as experiencias persoais dos membros, asesorar e dar a coñecer axudas, lugares para a diagnose e profesionais para tratamentos, actividades deportivas e culturais, organizar cursos e talleres, etc...

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia