Os obxectivos específicos de FAEGA son, por unha banda, a inserción social e laboral das persoas con discapacidade, e pola outra banda, a divulgación da problemática existente para as persoas enfermas así como a formación e educación de todos os axentes sociais, xa que consideramos que só así pódense conseguir os fins que perseguimos: o apoio as persoas enfermas e a procura da súa integración na sociedade en todos os ámbitos posibles.
Para acadar estes obxectivos poñemos en marcha o noso proxecto máis ambicioso, a creación dun centro especial de emprego no que se dará formación e traballo a 30 persoas discapacitadas.