logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

FAEGA é a Federación de Asociacións de Enfermos de Galicia, na que actualmente están federadas tres asociacións de enfermos: AGEDO (Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos), AGAMEO (Asociación Galega de Médula Ósea) e ATOVI (Asociación de Transplantados de Vigo). FAEGA está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia, co número de rexistro 2008/000191-2.

FAEGA nace como unha federación sen ánimo de lucro, coa finalidad de traballar pola inserción socio-laboral das persoas afectadas por algunha enfermidade crónica, e cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, tratando de atender nas especiais necesidades deste colectivo.

O proxecto social de FAEGA consiste en potenciar a construcción dunha sociedade máis xusta, solidaria e respetuosa coa diversidade, buscando fórmulas de loita sustentibles contra a exclusión e que permitan aportar novas propostas de integración social, laboral e cultural de aquelas persoas que pola súa condición de enfermos/as encóntrense en risco de exclusión social, laboral e cultural. Nesta procura, FAEGA actúa como transmisora desa actitude hacia as empresas e institucións susceptibles de se comprometer, sensibilizando e facendo entender que só con unha sociedade solidaria e sustentibe se alcanza unha sociedade xusta, impulsando e financiando medidas de loita contra a exclusión social. Un exemplo é a necesidade de cumprir e facer cumprir as normativas vixentes (LISMI / Real Decreto 27/2000 do 14 de enero) que obrigan a reservar un 2% da plantilla a favor de traballadores con discapacidade, ou ben acollerse a medidas alternativas establecidas como é a colaboración cun centro especial de emprego.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia