logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Segundo os Estatutos da Asociación Parkinson Lugo destacamos:

  • Auspiciar a investigación e determinación das causas da enfermidade de Parkinson, o seu tratamento e prevención. Orientación do paciente de Parkinson e dos seus familiares para o tratamento, asistencia, obtención de medicamentos, desenrolo de campañas educativas a favor destes enfermos, a agrupación e a axuda a entidades con obxectivos afíns ou similares. Dados os obxectivos sinalados, a asociación ten un fin científico, benéfico e social, destinado á axuda e auxilio das persoas que padecen esta enfermidade.
  • Intervir na defensa dos intereses peculiares determinados pola doenza de Parkinson, ostentando a representación de todos e cada un dos asociados.
  • Exercitar ante os Tribunais ou ante outros organismos públicos ou sindicais, as accións que procedan e conveñan exercer con arreglo as leis e a xuízo da Xunta Directiva.
  • Adherirse a participar na constitución de federacións, confederacións e naqueles outros organismos de carácter nacional ou internacional que aglutinen unha liña de acción comunitaria.
  • Instalar servizos de asesoramento e información en beneficio dos seus asociados.
  • Fomentar a creación doutras asociacións nas localidades que se consideren necesarias dentro do ámbito provincial.
  • Representar, xestionar e defender, se o considerase procedente e conveniente, os intereses dos asociados ante toda clase de persoas e entidades públicas ou privadas.
  • Crear marcas e logotipos que representen a asociación.
  • Divulgar a existencia na provincia de Lugo da Asociación Parkinson Lugo como agrupación voluntaria, privada e sen ánimo de lucro.
  • A orientación dos pacientes para conseguir un diagnóstico e tratamento.
  • A formación profesional de postgraduados na especialidade da enfermidade de Parkinson, organizando ciclos, seminarios e cursiños, por si ou a través de facultades de medicina e Universitarias.
  • Colaborar, mediante congreso e seminarios, con entes públicos, estatais, autonómicos, municipais ou privados, no desenrolo de actividades científicas e médicas relacionadas coa enfermidade de Parkinson.
  • Facilitar a promoción e divulgación de publicacións e material sanitario sobre a doenza de Parkinson aos asociados.
  • E, en xeral, calquera actividade lícita, complementaria e que contribúa a consecución dos fins perseguidos pola asociación. Os fins e obxectivos antes expostos fórono a título enunciativo e non limitado.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia