logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Que é a Asociación Parkinson Lugo?

É unha Asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2008 e que pretende ofrecer aos enfermos de Parkinson e as súas familias unha serie de servicios que melloren integralmente a súa calidade de vida.

Que ofrecemos?

  • Información, orientación e asesoramento a pacientes e a familia coidadora, sobre a enfermidade, a Asociación e as súas actividades, apoio emocional, coidados básicos,...
  • Terapia de rehabilitación en fisioterapia. Coa finalidade de afrontar e/ou superar as dificultades motoras que conleva a enfermidade de Parkinson, contribuíndo á consecución dunha mobilidade máis cómoda e fácil nas actividades diarias.
  • Atención psicolóxica a enfermos de Parkinson e as súas familias, coa finalidade de mellorar o seu estado anímico, estimular a autonomía, a toma de decisións, problemas de comportamento,..
  • Estimulación en actividades da vida cotiá, para que o enfermo poda facelo con máis facilidade, como medio rehabilitador para incrementar a función independente, mellorar o desenvolvemento e previr a discapacidade.
  • Mantemento e estimulación das capacidades cognitivas. Mediante o traballo diario na estimulación de capacidades como a memoria, as función executivas, a linguaxe, o cálculo, etc.
  • Musicoterapia, mediante a cal traballaremos aspectos motores, da fala e emocionais.
  • Grupos de axuda mutua: dirixido a familiares e a doentes. Trataranse diferentes temas de interese para o grupo, a partir dos cales cada persoa fai as súas aportacións e se poñen en común posibles estratexias para afrontar as diferentes problemáticas que son derivadas da enfermidade de Parkinson, tanto para familiares como para enfermos.
  • Formación

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia