logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Somos unha entidade creada por persoas afectadas de Esclerose Múltiple e as súas familias que, dende o ano 1996 traballamos con profesionais do ámbito sanitario e social desenvolvendo un "Proxecto Interdisciplinar" co obxectivo de dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos asociados/as que non son cubertas dende as Administracións Públicas.

En AODEM atendemos a persoas afectadas polas seguintes patoloxías:

Esclerose Múltiple, Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), Parkinson, Enfermidades raras e outras enfermidades neurodexenerativas.

Formamos un equipo de profesionais que traballamos cunha abordaxe interdisciplinar para prestar atención integral necesaria que requiren as persoas afectadas e os seus familiares.

AODEM é:

-Centro Sanitario dende o ano 2007.

-Entidade de Utilidade Pública dende o 2010.

-Entidade recoñecida co Certificado de Calidade ISO 9001:2008, por AENOR.

Os nosos Servizos

  • Programa de Psicoloxía Clínica.
  • Programa de Traballo Social.
  • Programa de Educación Social.
  • Programa de Fisioterapia.
  • Programa de Logopedia.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia