logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Proporcionar axuda e apoio ás enfermas e aos familiares.

Informar sobre a enfermidade, os tratamentos que van recibir e os seus efectos secundarios, así como dos recursos dispoñibles para facerlle fronte á súa nova situación.

Colaborar coa prevención do cancro de mama.

Sensibilizar á sociedade ante o problema socio-sanitario que supón o cancro.

Participación activa das afectadas ao longo de todo o proceso asistencial.

Actuar de interlocutores ante a administración pública, trasladándolle as carencias detectadas en todo o proceso.

Atención a longo prazo das superviventes dándolles resposta a todos os problemas derivados da enfermidade que poidan afectarlle á súa calidade de vida.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia