"punto e seguido" está formado por mulleres afectadas por cancro de mama, e por todas aquela personas, que ainda que non padecen esta enfermidade estan sensibilizadas con ela.
Nace como resposta á necesidade que sentimos un pequeno grupo de mulleres que padecimos cancro de mama, de compartir a nosa experiencia con outras mulleres que están a pasar esta enfermidade.
Desexamos poder contribuir de esta forma a calmar a angustia e a incerteza que elas están atravesando, así como a mellorar a calidade de vida das mesmas.
Axuda durante o tratamento, na sede da Asociación, en Hospitais e en domicilios.
Servizos psicolóxicos:
Asistencia psicolóxica para axudar á enferma e aos seus familiares.
Terapia de grupo realizada unha vez ao mes, dirixida por una psicóloga.
Servizos médicos:
Estudo de hábitos alimentarios e asesoramento nutricional e asesoramento sobre exercicio físico e estilos de vida saudables (consulta previa petición a través da asociación).
Taller de prevención e coidados de linfedema (sesións semanais en grupos reducidos).
Servizos estéticos:
Corte de pelo, adaptación e coidado de perruca e postizos, durante o tempo de alopecia secundaria aos tratamentos oncolóxicos.
Talleres de autocoidados: maquillaxe, coidado e mantemento de perrucas, coidado de pel, uñas e cabelo.
Servizos de asesoramento xurídico-laboral:
Información sobre a problemática de acceso e reincorporación laboral.
Información sobre minusvalías e incapacidades.
Charlas divulgativas sobre temas relacionados co cancro de mama, impartidas por profesionais especializados.
Folletos informativos: prevención precoz, linfedema, alimentación etc.
Participación en congresos, xornadas, grupos de traballo.
Área de ocio e convivencia:
Intercambio de coñecemento e habilidades.
Talleres impartidos polas nosas compañeiras:
Corte e confección, Arte floral, Informática, Fotografía etc.