Resolución
do 30 de setembro de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai
público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do
proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario deste organismo.
O número 4 da base sexta da resolución da Secretaría
Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de
febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para
o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego
de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán nun lugar
e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días
hábiles de antelación, polo que, este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes
admitidos con carácter definitivo na fase de oposición do concurso-oposición
para o ingreso nas categorías de albanel, calefactor/a, costureiro/a,
fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, grupo de xestión
da función administrativa, grupo técnico da funcion
administrativa, lavandeiro/a, logopeda,
mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, técnico/a de xestión de sistemas
e t.i., técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a especialista en
anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en hixiene bucodental,
técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e telefonista de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº
40, do 26 de febreiro) para a realización dos exercicios consonte a seguinte
distribución:
Día 16 de outubro de 2009: ás 10.00 horas: mecánico/a;
ás 15.30 horas: fontaneiro/a.
Día 17 de outubro de 2009: ás 10.00 horas: lavandeiro/a; ás 15.30 horas: pasador/a de ferro.
Día 18 de outubro de 2009: ás 10.00 horas: técnico/a
de xestión de sistemas e t.i. e logopeda; ás 15.30
horas: técnico/a especialista de sistemas e t.i. e albanel.
Día 23 de outubro de 2009: ás 10.00 horas: costureiro/a; ás 15.30 horas: técnico especialista en
anatomía patolóxica e citoloxía.
Día 24 de outubro de 2009: ás 10.00 horas: técnico
especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, telefonista; ás 15.30 horas:
técnico/a en hixiene bucodental, perruqueiro/a, calefactor/a.
Día 25 de outubro de 2009: ás 9.00 horas: grupo
técnico da función administrativa; ás 11.30 horas: grupo de xestión da función
administrativa; ás 16.00 horas: grupo administrativo da función administrativa.
Segundo.-Os exercicios realizaranse
no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do
documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa
identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Durante o tempo fixado para a realización dos
exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos
de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o
acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao
chamamento a mera tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de
teléfonos móbiles.
Terceiro.-O chamamento é único polo
que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
De conformidade co establecido no segundo parágrafo do
número 4 da base sexta da convocatoria realizaranse os diversos exercicios, na
mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, cambiando a
súa orde de realización, se é o caso.
Cuarto.-Esta resolución poderá ser
impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da
citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2009.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de
Saúde