Resolución do 22 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do segundo exercicio da fase de oposición das categorías do grupo técnico da función administrativa, do grupo de xestión da función administrativa, de cociñeiro, do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais.

 

O número 4 da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, do 18 de febreiro de 2009 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días hábiles de antelación.

 

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, polo que este centro directivo

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo das categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa para a realización do segundo exercicio consonte a seguinte distribución:

 

Grupo técnico da función administrativa, día 9 de marzo de 2010, ás 10.00 horas.

 

Grupo de xestión da función administrativa, día 9 de marzo de 2010, ás 12.00 horas.

 

Segundo.-O exercicio será realizado na Escola Galega de Administración Sanitaria, avenida Fernando de Casas Novoa, nº 37, edificio CNL, portal A-B, 1º andar, San Lázaro, Santiago de Compostela.

 

Terceiro.-Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición da categoría de cociñeiro para a realización do segundo exercicio da fase de oposición. A devandita proba práctica terá lugar nas datas e coa distribución seguintes:

 

Día 2 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: Blanca Mª Álvarez González, Montserrat Campos Fariñas e Miguel Cebreiro Rey.

 

Día 3 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: David Flores Fernández, Marta Loureiro Blanco e José Manuel Martínez Estévez.

 

Día 4 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: José Manuel Pajón Gómez, María Pardo Cornide e Eva Pena Barrientos.

 

Día 5 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: Laura Pena Juncal, Luisa Penido Espiño e María Julia Rochela Ramos.

 

Día 9 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: Víctor Manuel Rodríguez Oreiro, Yolanda Romero Lameiro e Francisco Salvado Ferro.

 

Día 10 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: Francisca Segade Vinagre e Juan Manuel Soto López.

 

Día 11 de marzo de 2010, ás 10.30 horas: José Carlos Torralba Regos e Milagros Vieites García.

 

Cuarto.-Os exercicios realizaranse no recinto do Hospital Teresa Herrera, do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

 

Quinto.-Os aspirantes poderán empregar a súa propia vestimenta e ferramentas de cociña, se así o desexan.

 

Sexto.-Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais para a realización do segundo exercicio consonte a seguinte distribución:

 

Grupo auxiliar da función administrativa, día 13 de marzo de 2010, ás 17.00 horas.

 

Persoal de servizos xerais, día 13 de marzo de 2010, ás 18.30 horas.

 

De conformidade coa base sétima da convocatoria os aspirantes que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais así como aqueles que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos da realización deste exercicio.

 

Sétimo.-O exercicio realizarase no Auditorio do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

 

Oitavo.-Por acordo do tribunal cualificador comunícase, para os efectos de información complementaria:

 

1. Características do exercicio:

 

O segundo exercicio consistirá na realización dunha serie de instrucións informáticas co obxecto de responder un cuestionario con varias preguntas, cada unha delas con catro respostas posibles das que só unha será a correcta.

 

Para a contestación das preguntas o opositor deberá responder ás instrucións que se poñerán á súa disposición en soporte informático, que levarán consigo o manexo de ficheiros e mecanización dos datos que se requiran para o correcto desenvolvemento da proba. Tanto as instrucións como o cuestionario serán presentados nun arquivo informático con formato Word.

 

O opositor deberá escribir a resposta que considere correcta na folla de respostas que lle será entregada no momento da realización da citada proba.

 

Os aspirantes disporán dun tempo limitado para a súa execución. A duración do exercicio indicaráselles no momento da súa realización.

 

2. Ferramentas:

 

O opositor terá que desenvolver o exercicio de carácter práctico en soporte informático. As preguntas propostas polo tribunal resolveranse coas seguintes ferramentas:

 

Procesador de textos: Microsoft Word 2007.

 

Folla de cálculo: Microsoft Excel 2007.

 

Para a resolución do cuestionario poderá exixirse a utilización do procesador de textos, folla de cálculo ou o conxunto de ambos.

 

3. Publicidade:

 

Os cuestionarios serán publicados con posterioridade á realización dos exercicios na data que se indicará o día da realización das probas.

 

A cada aspirante seralle entregada unha copia da súa folla de respostas.

 

Noveno.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

 

Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.

 

O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso quen non compareza por calquera causa.

 

Décimo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2010.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos