Resolución do 16 de
febreiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes
admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en
determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.
Os números 1 e 2 da base cuarta das diversas resolucións da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247,
do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en
determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,
prevén que, unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, esta
división dite unha resolución que declare, con carácter provisional, os
aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así como a súa
publicación.
Por todo isto, esta división
ACORDA:
Primeiro.-Declarar, con carácter provisional,
os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para
o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista de área de alergoloxía,
facultativo/a especialista de área de análises clínicas, facultativo/a
especialista de área de anatomía patolóxica, facultativo/a especialista de área
de anestesioloxía e reanimación, facultativo/a especialista de área de
anxioloxía e cirurxía vascular, facultativo/a especialista de área de aparello
dixestivo, facultativo/a especialista de área de cardioloxía, facultativo/a
especialista de área de cirurxía cardiovascular, facultativo/a especialista de
área de cirurxía oral e maxilofacial, facultativo/a especialista de área de
cirurxía pediátrica, facultativo/a especialista de área de cirurxía plástica,
estética e reparadora, facultativo/a especialista de área de cirurxía torácica,
facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de dermatoloxía médico-cirúrxica e
venereoloxía, facultativo/a especialista de área de endocrinoloxía e nutrición,
facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/a
especialista de área de hematololoxía e hemoterapia, facultativo/a especialista
de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a especialista de área
de medicina intensiva, facultativo/a especialista de área de medicina interna,
facultativo/a especialista de área de medicina preventiva e saúde pública,
facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía,
facultativo/a especialista de área de nefroloxía, facultativo/a especialista de
área de neumoloxía, facultativo/a especialista de área de neurofisioloxía
clínica, facultativo/a especialista de área de neuroloxía, facultativo/a
especialista de área de obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a especialista
de área de oftalmoloxía, facultativo/a especialista de área de oncoloxía
médica, facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica,
facultativo/a especialista de área de otorrinolaringoloxía, facultativo/a
especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas, facultativo/a
especialista de área de psicoloxía clínica, facultativo/a especialista de área
de psiquiatría, facultativo/a especialista de área de radiodiagnóstico,
facultativo/a especialista de área de radiofísica hospitalaria, facultativo/a
especialista de área de reumatoloxía, facultativo/a especialista de área de
traumatoloxía e cirurxía ortopédica, facultativo/a especialista de área de
uroloxía, facultativo/a especialista de área de xeriatría, farmacéutico/a de
atención primaria, médico/a coordinador/a 061, médico/a de familia de atención
primaria, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a especialista en
medicina do traballo, odontólogo/a de atención primaria, pediatra de atención
primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado polas
diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de
decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro).
Segundo.-As listaxes coa relación de
aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios
dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo
Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e
especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas
(www.sergas.es).
Terceiro.-Os aspirantes excluídos disporán
dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar,
se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2009.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos e
Desenvolvemento Profesional