Resolución do 15 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo da fase de concurso.

 

A base sexta B) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia, no que se declarará rematada a fase de oposición e se abrirá un prazo de 15 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da súa publicación, para que estes aspirantes acheguen a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

 

Adoptado acordo de finalización da fase de oposición polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que

 

RESOLVO:

 

Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición das categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enxeñeiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, persoal de enfermaría (ATS/DUE), pinche, técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e t.i., telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social, de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

 

Segundo.-Publicar a relación dos aspirantes que superaron a fase de oposición das citadas categorías, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web sergas.es.

 

Terceiro.-Abrir o prazo de quince días hábiles desde o día seguinte á publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:

 

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

 

b) Na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

c) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

 

d) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

 

e) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

 

f) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

 

g) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Cuarto.-Todos os aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obrigatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría.

 

Ademais, os que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2010.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde