Resolución do 14 de
maio de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declaran, con
carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do organismo.
Os puntos 1 e 2 da base cuarta da resolución da Secretaría
Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de
Galicia nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o
ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de
Saúde, prevé que, unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, se
dite unha resolución declarando, con carácter provisional, os aspirantes
admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así como a súa publicación.
Por todo isto, esta Dirección de Recursos Humanos
ACORDA:
Primeiro.-Declarar, con carácter
provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no
concurso-oposición para o ingreso nas categorías de albanel, calefactor/a,
carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a
especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista
en saúde mental, enxeneiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo
administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función
administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da
función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro,
perruqueiro/a, persoal de enfermaría (ATS/DUE), persoal de servizos xerais,
pinche, técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en coidados
auxiliares de enfermaría, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a
especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en hixiene
bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico,
técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a
especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e t.i.,
telefonista, terapeuta ocupacional, traballador/a social, de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría
Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de
Galicia nº 40, do 26 de febreiro).
Segundo.-As listaxes coa relación de
aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios
dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo
Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e
especializada do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web (www.sergas.es).
Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán
dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar,
se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde