Resolución do 13 de outubro de 2009, da Dirección
de Recursos Humanos, relativa á conclusión da fase de oposición e á apertura do
prazo da fase de concurso.
A base sexta B) das
diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro
de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas
categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que,
rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo
no Diario Oficial de Galicia, no cal se declarará rematada a fase de oposición
e se abrirá un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte
ao da súa publicación, para que estes aspirantes acheguen a documentación acreditativa
dos méritos que aleguen.
Adoptado acordo de
finalización da fase de oposición polos respectivos tribunais, procede agora
darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para iso
expresamente a este centro directivo, polo que
RESOLVO:
Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición nas
categorías de facultativo/a especialista de área de alergoloxía, facultativo/a
especialista de área de análises clínicas, facultativo/a especialista de área
de anatomía patolóxica, facultativo/a especialista de área de anestesioloxía e reanimación, facultativo/a especialista de
área de anxioloxía e cirurxía vascular, facultativo/a especialista de área de
aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de cardioloxía,
facultativo/a especialista de área de cirurxía cardiovascular, facultativo/a
especialista de área de cirurxía oral e maxilofacial,
facultativo/a especialista de área de cirurxía pediátrica, facultativo/a
especialista de área de cirurxía plástica, estética e reparadora, facultativo/a
especialista de área de cirurxía torácica, facultativo/a especialista de área
de cirurxía xeral e aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de
dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía,
facultativo/a especialista de área de endocrinoloxía e nutrición, facultativo/a
especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/a especialista de
área de hematoloxía e hemoterapia, facultativo/a
especialista de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a
especialista de área de medicina intensiva, facultativo/a especialista de área
de medicina interna, facultativo/a especialista de área de medicina preventiva
e saúde pública, facultativo/a especialista de área de microbioloxía e
parasitoloxía, facultativo/a especialista de área de nefroloxía, facultativo/a
especialista de área de pneumoloxía, facultativo/a especialista de área de
neurofisioloxía clínica, facultativo/a especialista de área de neuroloxía,
facultativo/a especialista de área de obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a
especialista de área de oftalmoloxía, facultativo/a especialista de área de
oncoloxía médica, facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica, facultativo/a especialista de área de
otorrinolaringoloxía, facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas
áreas específicas, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
facultativo/a especialista de área de psiquiatría, facultativo/a especialista
de área de radiodiagnóstico, facultativo/a especialista de área de radiofísica hospitalaria, facultativo/a especialista de
área de reumatoloxía, facultativo/a especialista de área de traumatoloxía e
cirurxía ortopédica, facultativo/a especialista de área de uroloxía,
facultativo/a especialista de área de xeriatría, farmacéutico/a de atención primaria,
médico/a coordinador/a 061, médico/a de familia de atención primaria, médico/a
de urxencias hospitalarias, médico/a especialista en medicina do traballo,
odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos procesos selectivos convocados
polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11
de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), de persoal estatutario do
Servizo Galego de Saúde.
Segundo.-Publicar a relación dos aspirantes que
superaron a fase de oposición das citadas categorías nos taboleiros de anuncios
dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo
Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.
Terceiro.-Abrir o prazo de quince días hábiles
desde o día seguinte ao da publicación desta resolución para que estes
aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos
seguintes lugares:
a) Na Secretaría Xeral
da Consellería de Sanidade.
b) Na Dirección de
Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
c) Nas xefaturas
territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.
d) Nas direccións
provinciais do Servizo Galego de Saúde.
e) Nos servizos de
persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.
f) Nos servizos de
persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.
g) A través de calquera
dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada
pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto.-Todos os aspirantes que superasen a fase de
oposición deberán achegar obrigatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e
fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso
na correspondente categoría.
Ademais, os que accedan
polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais
da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa,
segundo os requisitos descritos nos puntos 2º e 3º da base segunda da
respectiva convocatoria.
Santiago de Compostela,
13 de outubro de 2009.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos
Humanos