Resolución do 11 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

 

O número 11 da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que tras a publicación provisional das puntuacións dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles.

 

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

 

Á vista das reclamacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou as listaxes de puntuacións definitivas outorgadas aos aspirantes, polo que procede agora darlle publicidade, facultándose para iso expresamente este centro directivo, polo que,

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas dos exercicios realizados, acadadas polos aspirantes das categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enxeneiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, persoal de enfermaría (ATS/DUE), persoal de servizos xerais, pinche, técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e t.i., telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social, de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

 

A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

 

Segundo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2010.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos