Resolución do 9
de outubro de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o
lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso
selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do
organismo.
O número 4 da base sexta da Resolución da Secretaría
Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40, do
26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición
para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán nun
lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días
hábiles de antelación, polo que, este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes
admitidos con carácter definitivo na fase de oposición do concurso-oposición
para o ingreso nas categorías de carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a,
electricista, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía
(matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde
mental, enxeneiro/a técnico/a, fisioterapeuta, grupo
auxiliar da función administrativa, persoal de enfermaría (ATS/DUE), persoal de
servizos xerais, pinche, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría,
técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista
en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información,
terapeuta ocupacional e traballador/a social de persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego
de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40, do 26 de febreiro) para a
realización dos exercicios consonte a seguinte distribución:
Día 7 de novembro de 2009: ás 10.00 horas: técnico/a
especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, electricista, terapeuta
ocupacional; ás 16.00 horas: técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.
Día 8 de novembro de 2009: ás 10.00 horas: pinche,
técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e
tecnoloxías da información; ás 16.00 horas: celador/a.
Día 14 de novembro de 2009: ás 10.00 horas:
fisioterapeuta, traballador/a social, carpinteiro/a, enxeneiro/a
técnico/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía
(matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde
mental; ás 16.00 horas: persoal de enfermaría (ATS/DUE).
Día 15 de novembro de 2009: ás 9.30 horas: grupo
auxiliar da función administrativa; ás 13.00 horas: cociñeiro; ás 17.00 horas:
persoal de servizos xerais.
Segundo.-Os exercicios realizaranse no
recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do
documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa
identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Durante o tempo fixado para a realización dos
exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos
de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o
acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao
chamamento a mera tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de
teléfonos móbiles.
Terceiro.-O chamamento é único polo
que se excluirá deste proceso quen non compareza por calquera causa.
De conformidade co establecido no segundo parágrafo do
número 4 da base sexta da convocatoria realizaranse os diversos exercicios, na
mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, cambiando a
súa orde de realización, se é o caso.
Cuarto.-Esta resolución poderá ser
impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da
citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2009.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de
Saúde