Resolución do 8 de outubro de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.

 

A base sexta A) das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que tras a publicación das puntuacións dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación.

 

Á vista das reclamacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou as listaxes de puntuacións e o modelo definitivo de respostas, para, de novo, abrir prazo que emende erros na confección aritmética da puntuación, se é o caso.

 

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, polo que procede agora a darlle publicidade, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición, da citada convocatoria, acadadas polos aspirantes das categorías facultativo/a especialista de área de alergoloxía, facultativo/a especialista de área de análises clínicas, facultativo/a especialista de área de anatomía patolóxica, facultativo/a especialista de área de anestesioloxía e reanimación, facultativo/a especialista de área de anxioloxía e cirurxía vascular, facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de cardioloxía, facultativo/a especialista de área de cirurxía cardiovascular, facultativo/a especialista de área de cirurxía oral e maxilofacial, facultativo/a especialista de área de cirurxía pediátrica, facultativo/a especialista de área de cirurxía plástica, estética e reparadora, facultativo/a especialista de área de cirurxía torácica, facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, facultativo/a especialista de área de endocrinoloxía e nutrición, facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/a especialista de área de hematoloxía e hemoterapia, facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a especialista de área de medicina intensiva, facultativo/a especialista de área de medicina interna, facultativo/a especialista de área de medicina preventiva e saúde pública, facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía, facultativo/a especialista de área de nefroloxía, facultativo/a especialista de área de pneumoloxía, facultativo/a especialista de área de neurofisioloxía clínica, facultativo/a especialista de área de neuroloxía, facultativo/a especialista de área de obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a especialista de área de oftalmoloxía, facultativo/a especialista de área de oncoloxía médica, facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica, facultativo/a especialista de área de otorrinolaringoloxía, facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, facultativo/a especialista de área de psiquiatría, facultativo/a especialista de área de radiodiagnóstico, facultativo/a especialista de área de radiofísica hospitalaria, facultativo/a especialista de área de reumatoloxía, facultativo/a especialista de área de traumatoloxía e cirurxía ortopédica, facultativo/a especialista de área de uroloxía, facultativo/a especialista de área de xeriatría, farmacéutico/a de atención primaria, médico/a coordinador/a 061, médico/a de familia de atención primaria, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a especialista en medicina do traballo, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos procesos selectivos convocados polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

 

A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderase implícita nesta resolución de publicación.

 

Segundo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2009.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos