Resolución do 8 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.

 

O número 4 da base cuarta das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán nun lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación, polo que, este centro directivo

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Convocar os aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista de área de alergoloxía, facultativo/a especialista de área de análises clínicas, facultativo/a especialista de área de anatomía patolóxica, facultativo/a especialista de área de anestesioloxía e reanimación, facultativo/a especialista de área de anxioloxía e cirurxía vascular, facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de cardioloxía, facultativo/a especialista de área de cirurxía cardiovascular, facultativo/a especialista de área de cirurxía oral e maxilofacial, facultativo/a especialista de área de cirurxía pediátrica, facultativo/a especialista de área de cirurxía plástica, estética e reparadora, facultativo/a especialista de área de cirurxía torácica, facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, facultativo/a especialista de área de endocrinoloxía e nutrición, facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/a especialista de área de hematoloxía e hemoterapia, facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a especialista de área de medicina intensiva, facultativo/a especialista de área de medicina interna, facultativo/a especialista de área de medicina preventiva e saúde pública, facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía, facultativo/a especialista de área de nefroloxía, facultativo/a especialista de área de neumoloxía, facultativo/a especialista de área de neurofisioloxía clínica, facultativo/a especialista de área de neuroloxía, facultativo/a especialista de área de obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a especialista de área de oftalmoloxía, facultativo/a especialista de área de oncoloxía médica, facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica, facultativo/a especialista de área de otorrinolaringoloxía, facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, facultativo/a especialista de área de psiquiatría, facultativo/a especialista de área de radiodiagnóstico, facultativo/a especialista de área de radiofísica hospitalaria, facultativo/a especialista de área de reumatoloxía, facultativo/a especialista de área de traumatoloxía e cirurxía ortopédica, facultativo/a especialista de área de uroloxía, facultativo/a especialista de área de xeriatría, farmacéutico/a de atención primaria, médico/a coordinador/a 061, médico/a de familia de atención primaria, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a especialista en medicina do traballo, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos diversos procesos selectivos convocados polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), para a realización dos exercicios da fase de oposición o vindeiro día 27 de xuño de 2009, ás 9.30 horas.

 

Segundo.-Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

 

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

 

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

 

Terceiro.-O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

 

De conformidade co establecido no segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria realizaranse os diversos exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, cambiando a orde de realización.

 

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos