Resolución
do 3 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan
públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso
en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde,
relativos á baremación provisional da fase de
concurso.
O número 5 da base sexta B) das diversas resolucións
da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG
nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición
para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego
de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación
correspondente da fase de concurso, esta se publicará no Diario Oficial de
Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a
valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que
o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal, por
tanto, este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar as puntuacións
obtidas polos aspirantes das categorías de facultativo/a especialista de área
de análises clínicas, facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/a
especialista de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a
especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía e odontólogo/a de
atención primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos
diversos procesos selectivos convocados polas diversas resolucións da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº
247, do 22 de decembro), nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e
periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa
páxina web www.sergas.es. relativas á baremación provisional da fase de concurso, nas distintas
epígrafes e a valoración total, indicando, ademais, se for o caso, a relación
de aspirantes excluídos da fase de concurso por non presentaren a documentación
requirida ou por non cumpriren os requisitos da convocatoria.
Segundo.-Abrir o prazo de dez días
hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución
no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser
o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación,
dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de
Saúde.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2010.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos