Resolución do 2 de xullo de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste organismo.

 

Por resolución deste centro directivo do 14 de maio de 2009 (DOG número 99, do 22 de maio), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40, do 26 de febreiro).

 

Rematado o prazo previsto para corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, procede agora, de conformidade co disposto no número 3 da base cuarta da convocatoria, ditar resolución en que se publican as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada categoría convocada sinalando os lugares onde poder ser examinadas.

 

Por todo iso, esta división

 

ACORDA:

 

Primeiro.-Publicar as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos nas categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enxeñeiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, persoal de enfermaría (ATS/DUE), persoal de servizos xerais, pinche, técnico/a de xestión de sistemas e T.I., técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a especialista de sistemas e T.I., técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e T.I., telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social, de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40, do 26 de febreiro).

 

Segundo.-As listaxes coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante devandito órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

 

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2009.

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde