Publicada a Resolución do 8 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo), da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009 de convocatoria do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, recibida e comprobada a documentación enviada por cada aspirante,  expóñense as listaxes de aspirantes  NON EXENTOS de realizar a proba acreditativa do coñecemento da lingua galega, ao non haber achegado documentación ningunha, non estar suficientemente acreditada ou non corresponder ao nivel esixido, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

 

Así mesmo, no caso de que houbera algún erro, ábrese un prazo dende hoxe ata o día 08/10/09 ambos inclusive, para poder subsanalo, mediante presentación da oportuna xustificación, ou ben persoalmente na Dirección de Recursos Humanos  do Servizo Galego de Saúde, ou no seu fax 881 542818.