No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo,
galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de
marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade
permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os
distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº
40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo
caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no chamamento para a
realización dos exames do mes de marzo de 2010, como garantía de igualdade e de
imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde
desprazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a
execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o
xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de
Recursos Humanos 881 542818, polo menos, cunha antelación de dous días hábiles
anteriores á data de celebración do correspondente exercicio.